#Claves de la semana

Anulada a licencia para converter o castelo de Monterrei nun parador

A anulación da licenza "implica que as obras de rehabilitación executadas son ilegais, carecen de cobertura e deben ser demolidas".


|


Castillomonterrei


O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) ratificou a sentenza de decembro de 2015 do Xulgado do Contencioso-Administrativo número 2 de Ourense que anulaba o acordo municipal no que se outorgaba licenza de obra á Axencia de Turismo de Galicia para executar os traballos de rehabilitación do castelo de Monterrei (Ourense) para o seu uso como parador.


Diso informou a Plataforma en Defensa do Castelo de Monterrei nun comunicado no que sinala que o TSXG desestimou o recurso de apelación presentado pola Axencia Galega de Turismo da Xunta e o Concello de Monterrei. Así, sinala que a anulación da licenza "implica que as obras de rehabilitación executadas son ilegais, carecen de cobertura e deben ser demolidas".


A plataforma considera "unha grandísima e boísima noticia" este fallo, e considera que "unhas administracións públicas minimamente responsables deberían aceptar a situación xurídica derivada das sentenzas e colaborar coa Xustiza no cumprimento das resolucións".


Esta decisión do TSXG valida o fallo de 2015 no que se sinalaba o incumprimento do Plan Xeral de Ordenación Municipal de Monterrei.


USO TURÍSTICO


Aínda que a sentenza non se pronunciaba sobre o uso turístico deste espazo monumental, determinaba que o acordo municipal "excede claramente" os parámetros de superficie máxima edificable permitida pola ordenanza, así como o número máximo de prazas hostaleiras.


En concreto, a norma para este tipo de edificios permitía unicamente unha superficie máxima edificable de 300 metros cadrados e un máximo de 10 prazas --entendidas como habitacións--, mentres que a licenza autorizaba máis de 2.000 metros cadrados edificables e 12 habitacións.


Ante a anterior sentenza, a Xunta destacou no seu momento que o xulgado non observou ilegalidade no proceder da Administración autonómica, tendo en conta que o acordo anulado ten carácter municipal. Ademais, Turismo defendía que a sentenza permite "continuar co uso hostaleiro desta infraestrutura".

relacionada O Castelo de Monterrei seguirá sendo un hotel
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE