#Claves de la semana

​Unha tese da UVigo dálle un uso medioambiental á casca da castaña

Segundo o estudo, da investigadora Marta Cobas (do grupo de Bioingeniería e Procesos Sustentables), a casca de castaña revelouse como un material altamente útil nas técnicas de absorción de contaminantes.


|

Castaa


Unha tese dunha investigadora da Universidade de Vigo logrou poñer de manifesto o potencial da casca de castaña nos procesos de absorción e biorremediación para a eliminación de contaminantes en contornas acuáticas.


Segundo o estudo, da investigadora Marta Cobas (do grupo de Bioingeniería e Procesos Sustentables), a casca de castaña revelouse como un material altamente útil nas técnicas de absorción de contaminantes. Así, tras facer probas con cascas e outros materiais, como arxila e algas, as primeiras resultaron ser as que mellores propiedades demostraban.


Por outra banda, tamén se utilizou este residuo orgánico en procesos de biorremediación, é dicir, en técnicas fisicoquímicas para eliminar contaminantes a través do uso de fungos. Neste caso, as cascas de castaña tamén ofreceron resultados prometedores, para inducir a produción de encimas do fungo implicadas nesa eliminación de contaminantes.


A investigación de Marta Cobas incluíu tamén o deseño e simulación mediante software dun sistema integrado secuencial para a eliminación de efluentes de contaminación mixta. Así, a integración de ambas as técnicas (absorción e biorremediación) supón "unha solución respectuosa co medio ambiente, eficaz e sustentable", segundo esta científica.

relacionada ​Un alumno de la UDC, ganador mundial del 'Master the Mainframe' de IBM
relacionada ​Un proxecto da UDC de intelixencia artificial, lingüística e informática, dotado cunha bolsa de 1,5 millóns
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE