#Claves de la semana

O CGAI proxecta vídeos inéditos do Deportivo entre o 1932 e 1973

Este serán comeza o ciclo "De portería a portería: fútbol e cine desde Galicia e A Coruña", cunha recompilación de encontros do equipo herculino.


|

Deporantiguo

Imaxe do vídeo que se proxetará. //Fonte: RC Deportivo



O Centro Galego de Artes da Imaxe (CGAI) acolle este xoves ás 8 da tarde a apertura do ciclo "De portería a portería: fútbol e cinema desde Galicia e A Coruña", no que se mostrará un vídeo que recompila imaxes de dez partidos do RC Deportivo entre 1932 e 1973.


O CGAI recuperou imaxes dunha decena de partidos do Deportivo que abarcan cinco décadas. Para empezar, poderase ver a coñecida a día de hoxe como filmación máis antiga dun partido do conxunto branquiazul. Trátase dun encontro disputado no Parque de Riazor fronte ao Eiriña de Pontevedra, en 1932. Nela pódese ver en acción a históricos como Triana, Chacho ou Rodrigo García Vizoso.


No vídeo, duns vinte minutos, tamén se recollen imaxes de partidos ante San Lorenzo de Almagro (1947), Valladolid (1955, en Ourense), Atlético de Madrid e Real Madrid (1956), Barcelona (1957), Nacional de Montevideo (1958), Sporting de Lisboa (1964), Celta de Vigo (1970) e Atlético de Madrid (1973, no Vicente Calderón).


Acuña voando para deixar a cero a súa portería ante o lendario "Ciclón de Bodeo"; o Dépor medíndose a Dei Stéfano, Kopa e Gento; Luís Suárez e Arsenio xuntos de branquiazul cedidos por Barça e Selecta; a inauguración da iluminación artificial de Riazor; o último partido en Primeira antes da "longa noite de pedra"... Historia viva e en movemento, un impagable legado para o deportivismo.


O ciclo forma parte do Congreso Internacional "O home que quixo crear", dedicado a Wenceslao Fernández Flórez (WFF), organizado pola Fundación WFF. Esta fundación está presidida por José Luis Castro de Paz, bisneto de Félix de Paz, un dos xogadores do Deportivo no primeiro partido da súa historia, o 8 de decembro de 1906.


O propio Castro de Paz, Guillermo Escrigas (director do CGAI), Pepe Cabanas (Estrella Galicia), José Manuel Sande (concelleiro de Culturas), Rubén Ventureira (xornalista e historiador), Arsenio Iglesias e o presidente deportivista, Tino Fernández, ofrecerán as súas impresións e, tras o pase do vídeo, abrirán un debate.

relacionada Un pai do Celta e un fillo do Dépor protagonizan o spot do derbi galego
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE