Un mariscador atopa o teléfono de Diana Quer

|

Dianalopezpinel


A Garda Civil de Madrid, que dirixe a investigación sobre a desaparición da moza madrileña Diana Quer, vén de confirmar que o teléfono móbil achado este xoves na zona do municipio coruñés de Rianxo pertence a Diana Quer.


Segundo confirman fontes do Instituto Armado, o terminal móbil foi localizado nunha zona do peirao de Taragoña, na localidade de Rianxo.


En concreto, o móbil foi atopado por unha persoa que se dedica ao marisqueo na zona de Rianxo, onde algunhas testemuñas supostamente situaron á moza o día da súa desaparición, en concreto na área do peirao de Taragoña.


O sumario relativo a esta investigación permanece baixo segredo por orde do Xulgado de Instrución Número 1 de Ribeira (A Coruña) ata o 20 de novembro, segundo a última prórroga acordada.


A moza de 18 anos de idade desapareceu o pasado 22 de agosto no municipio coruñés da Pobra do Caramiñal, onde veraneaba coa súa nai e a súa irmá menor.

Sin comentarios

Escribe tu comentario




No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Pressdigital
Plaza de Quintana ,3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Condiciones de uso Consejo editorial
Powered by Bigpress