#Claves de la semana

En marcha a sede xudicial electrónica

Galicia é a primeira comunidade en poñer en marcha este sistema co que os galegos xa poden consultar online a situación dos seus procesos xudiciais. 


|

Sedejudicialelectronicaordenadormanodnielectronico


A sede xudicial electrónica permite aos cidadáns e profesionais de Galicia consultar a situación na que se atopan as demandas ou procesos xudiciais nos que sexan parte. Así, a Comunidade galega é a primeira autonomía en poñer en funcionamento a sede electrónica xudicial, cumprindo os requisitos que marca a Lei 18/2011 do 5 de xullo, reguladora do uso das tecnoloxías da información e a comunicación na Administración de Xustiza.


Segundo precisou a directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega), Mar Pereira, nesta primeira fase da sede xudicial electrónica os cidadáns tamén poden consultar información dos procedementos que se poderán presentar en sede e verificar documentos electrónicos.


Progresivamente, a sede irá incorporando novas funcionalidades para os cidadáns como a de iniciar online procedementos monitorios --unha nova fórmula xudicial para reclamar falta de pagamentos que non precisa da intervención dun avogado ou dun procurador-- ou o acceso seguro dos profesionais aos expedientes dos procesos xudiciais nos que son parte.


A sede xudicial está accesible na ligazón https://sede.xustiza.gal e a través do portal xustiza.gal, que ofrece outros servizos complementarios como a axenda de sinalamentos de vistas, o calendario de gardas, a calculadora de taxas xudiciais ou o censo de letrados.


O obxectivo é que a sede se consolide como canle única para todas as actuacións, procedementos e servizos do ámbito xudicial. De feito, leste é un dos fitos previstos no Plan Senda 2020 da Xunta, segundo explicaron tamén o vicepresidente da Xunta en funcións, Alfonso Rueda; o presidente do Tribuncal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadeas; e o fiscal superior de Galicia, Fernando Suanzes.


EXPEDIENTE XUDICIAL ELECTRÓNICO


Segundo indicaron, en Galicia xa están en marcha todas as pezas do Expediente Xudicial Electrónico (EXE), que permitirán unha xustiza sen papeis. É o caso de Lexnet, a plataforma de intercambio seguro de información entre os axentes do ámbito xudicial.


Pola súa banda, en marzo deste ano iniciouse nos xulgados de Pontevedra a pilotaxe do visor do expediente xudicial, unha solución multidispositivo e única para todos os profesionais da Administración de Xustiza.


En novembro, o visor estará implantado na totalidade dos órganos xudiciais e xa están rexistrados como usuarios máis de 700 profesionais entre xuíces, fiscais e letrados, que poden acceder aos expedientes e consultar os procedementos, pezas e documentos que os conforman desde calquera lugar.


Así mesmo, a directora da Amtega sinalou que Galicia liderou a evolución do sistema de gravación de vistas con firma dixital eFidelius, que permite incorporar as gravacións dos xuízos ao expediente xudicial electrónico.


80% DAS SALAS


Neste sentido, precisou que, na actualidade, en máis do 80 por cento das salas de vistas está esta solución instalada --en 10 meses graváronse en Galicia máis de 50.000 vistas--.


Ao fío diso, Mar Pereira destacou o "salto cualitativo e cuantitativo" do sistema de gravación. De feito, indicou que o número de incidencias sitúase no 6 por cento, o que non quere dicir, remarcou, que se chegasen a suspender os xuízos nestes casos.


Pero a "pedra angular" da que se serven as novas aplicacións e servizos dixitais é o repositorio unificado xudicial, que está consolidado no 100 por cento dos órganos xudiciais e permite a consulta de case nove millóns de expedientes.


Todas estas actuacións enmárcanse no Plan Senda 2020 para consolidar a dixitalización da Xustiza e avanzar cara ao papel cero, e conta cun investimento de 26,6 millóns de euros.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE