#Claves de la semana

Comeza a campaña do centolo e o boi

A Xunta acepta a petición do sector nas provincias da Coruña e Pontevedra. Na costa de Lugo iniciará o 4 de decembro.


|


018 CENTOLO 091127



A Consellería do Mar abre este domingo a campaña extractiva de centola e de boi nas provincias da Coruña e Pontevedra a petición do propio sector.

Nas áreas que van de Cabo Corrubedo a Cabo Estaca de Bares e de Cabo Corrubedo ata A Guarda, a frota con porto basee nestas zonas e que se dedica á extracción destas especies pode calar os aparellos a partir das 00,00 horas deste domingo e levar especies á lonxa o luns.

Así o indicou a Xunta nun comunicado, no que tamén indicou que a campaña destes crustáceos nestas dúas provincias prolongarase ata o inicio da veda do ano 2017, que se fixará a través do correspondente Plan de Xestión.

No caso da parte que vai de Cabo Estaca de Bares ata o río Eo --incluíndo a Ría do Barqueiro--, na provincia de Lugo, a campaña iniciarase o 4 de decembro.

A cota máxima de captura de cada unha destas especies será de 35 quilos por barco e día, ao cal se engadirán 35 quilos ao día por cada tripulante enrolado e a bordo.

relacionada La campaña extractiva de centollo y buey abre este domingo en parte de la costa gallega
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE