#Claves de la semana

Pontón acusa a Feijóo de romper a "unidade" dos partidos a respecto da AP-9

A voceira do BNG tamén lamenta que a reunión con Fomento non significase a confirmación do AVE en 2018, "a pesar de ser o enésimo atraso".


|

AnaPontonBNG3


A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, de dar "un paso atrás" e de romper "a unidade" das forzas políticas "ao aceptar o veto á transferencia da AP-9".


A través dun comunicado, a nacionalista asegura que a reunión entre o ministro de Fomento e Feijóo "confirma que o Goberno central veta a transferencia da AP-9 a pesar de ser unha reclamación unánime do Parlamento".


"Feijóo acepta ese veto rompendo a unidade das forzas políticas e demostrando, de paso, o seu escaso peso político en Madrid", asevera Pontón na nota.


"Nin transferencia da AP-9, nin confirmación de finalización de prazos do AVE en 2018, a pesar de ser o enésimo atraso na chegada da alta velocidade", engadiu.


Para Pontón, a comisión bilateral é "unha maneira educada de dicirlle non a Feijóo". "Hoxe na práctica o ministro de Fomento pechou a porta á transferencia da AP-9 dicindo o mesmo que leva dicindo o Goberno central desde os últimos anos: que non está disposto a transferir a AP-9 ao noso país", apostilou.


Ao seu xuízo, o "sorprendente" é que, "en lugar de defender o acordo unánime do Parlamento galego, Feijóo acepte de bo grado esta negativa e lance unha cortina de fume".


Pola súa banda, advirte de que o Bloque non o vai a aceptar e seguirá apostando "pola unidade de todas as forzas políticas para conseguir unha AP-9 galega e libre de abusivas peaxes".


É "unha pena", segundo lamenta, que "non se aproveitase esta reunión para dicirlle ao ministro de Fomento que Galicia non entende como se pode dicir que hai miles de millóns de euros para rescatar unhas autoestradas absolutamente ruinosas --as radiais madrileñas-- e, ao mesmo tempo, nin un euro para rescatar aos galegos dunhas peaxes abusivas".


"ENGANO"


Por todo iso, a portavoz do BNG tamén na Cámara autonómica insta o xefe do Executivo para "manter a unidade das forzas políticas sobre esta demanda", e cualifica de "engano" as conclusións do encontro, incluída a falta de concreción sobre o AVE.


"Moi preocupante que non defendese ante o ministro que Galicia non pode permitirse máis atrasos na modernización do ferrocarril, nin a confirmación da data de 2018 a pesar de ser o enésimo adiamento da finalización das obras do AVE", dixo.


Por último, a nacionalista tamén censura que non se reclamase un servizo de proximidade "como xa teñen en marcha outros territorios do estado español".

relacionada ​Fomento acorda coa Xunta a xestión compartida da AP-9 para enfriar a demanda do traspaso
relacionada ​De la Serna: "Non estou en condicións de falar dun prazo concreto para o AVE"
relacionada En Marea pon en dúbida o "peso político" de Feijóo
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE