O corredor do Morrazo reabre este mércores e permanecerá en servizo todo o Nadal
Actualmente e desde o pasado 2 de novembro, o corredor está pechado ao tráfico no tramo comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e a ligazón de Meira.
A Xunta abrirá ao tráfico o corredor do Morrazo o vindeiro mércores, día 21, e manterao en servizo ata o 8 de xaneiro, con motivo da operación especial de tráfico que a DXT activa no período vacacional.
Actualmente e desde o pasado 2 de novembro, o corredor está pechado ao tráfico no tramo comprendido entre os quilómetros 0 e 6, entre Rande e a ligazón de Meira, pola necesidade de garantir a seguridade de usuarios e traballadores no transcurso das obras de conversión en autovía desta infraestrutura.
Despois da paréntese de Nadal, a Xunta informa de que o día 9 o corredor volverá pecharse ata o final do prazo previsto para o termo das voaduras máis importantes, o 23 de xaneiro.
Esta solución tomouse, explica nun comunicado, despois de analizar os estudos e as inspeccións técnicas realizadas, que concluíron que era o máis efectivo para poder facer as tarefas con garantías plenas para a seguridade viaria e dos traballadores.
Durante o tempo do corte, a Xunta reforza a información aos cidadáns e a sinalización para ofrecerlle indicacións aos usuarios sobre os desvíos que poden tomar.
Escribe tu comentario