#Claves de la semana

Máis de 20 convenios de colaboración para promocionar o Camiño nos cinco continentes

En 2016 o Plan Xacobeo desenvolveu varias actividades en diferentes puntos do planeta co obxectivo de divulgar o camiño. 


|

Peregrinoscaminosantiago

O Plan Xacobeo asinou, ao longo do pasado ano 2016, máis de 20 convenios de colaboración con asociacións de Amigos do Camiño de Santiago de todo o mundo para a promoción da Ruta Xacobea nos cinco continentes.


Así, grazas a estas colaboracións, desenvolvéronse varias actividades en diferentes puntos do planeta como xornadas e coloquios, exposicións ou a edición de revistas e material informativo sobre o Camiño de Santiago.


Segundo informou a Xunta, as asociacións de amigos do Camiño forman "máis de 300 colectivos" repartidos polos cinco continentes. En Holanda existen "máis de 12.000 afiliados" á asociación de amigos do camiño e, en Estados Unidos, a American Pilgrims ten "34 capítulos repartidos" polos diferentes estados do país norteamericano.


O obxectivo que persegue Turismo de Galicia con estes convenios é fomentar "todas as actividades dirixidas a divulgar e estudar aspectos relacionados co Camiño de Santiago e o fenómeno Xacobeo".

relacionada ​Turismo de Galicia convocará 14 becas de formación práctica
relacionada ​Galicia estivo presente en máis de 40 feiras turísticas de todo o mundo
relacionada Ampliar a rede de albergues, o reto principal do Camiño de Santiago
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE