As citas serán este xoves, día 28, ás 21.00 horas no Auditorio de Galicia, en Santiago; e o venres, día 29, no Teatro Afundación de Vigo, onde actuará ás 20.30 horas. En ambas as dúas citas, a filharmónica galega estará baixo a batuta de Paul Daniel, o seu director titular.


As actuacións comezarán co Dobre Concerto para Violoncelo e Violín de Johannes Brahms, unha interpretación na que, ademais do violinista finlandés, intervirá o violonchelista de orixe franco-alemán Nicolas Altstaedt. Posteriormente, o público poderá gozar da versión de 1943 da 'Noite transfigurada', de Arnold Schoenberg. 
POWERED BY BIGPRESS