O incendio comezou na parroquia de Calo, concello de Teo, declarouse esta tarde da segunda feira un incendio que en menos de dúas horas xa tiña arrasado máis de 12 hectáreas de monte e puña en perigo casas próximas.


Pasaban xa das cinco horas e media da tarde cando se detectou o lume que se propagou con grande rapidez, axudado polas altas temperaturas da que se está a definir como posibelmente a xornada máis cálida do verán.


Segundo fontes presenciais, posibelmente o lume contara con varios focos o que explica a súa rápida propagación. Os efectivos desprazados por Medio Rural mostráronse insuficientes e tiveron que ampliar o dispositivo dada a dimensión do lume. O incendio divisábase desde moitos puntos de Santiago desde onde se albiscaba unha inmensa nube negra de fume.

POWERED BY BIGPRESS