#Claves de la semana
O FUME E VISIBLE DENDE SANTIAGO DE COMPOSTELA

Un incendio en Teo, a Coruña, arrasa 12 hectáreas e continúa activo

Na parroquia de Calo, Teo, declarouse pasadas as cinco horas e media da tarde un incendio que se expandiu rapidamente até arrasar máis de 12 hectáreas en dúas horas.


|

O incendio comezou na parroquia de Calo, concello de Teo, declarouse esta tarde da segunda feira un incendio que en menos de dúas horas xa tiña arrasado máis de 12 hectáreas de monte e puña en perigo casas próximas.


Pasaban xa das cinco horas e media da tarde cando se detectou o lume que se propagou con grande rapidez, axudado polas altas temperaturas da que se está a definir como posibelmente a xornada máis cálida do verán.


Segundo fontes presenciais, posibelmente o lume contara con varios focos o que explica a súa rápida propagación. Os efectivos desprazados por Medio Rural mostráronse insuficientes e tiveron que ampliar o dispositivo dada a dimensión do lume. O incendio divisábase desde moitos puntos de Santiago desde onde se albiscaba unha inmensa nube negra de fume.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE