O pleno do Consello Social da Universidade de Vigo, reunido no campus de Ourense,
A Universidade de Vigo (UVigo) deu luz verde á creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e á implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial, co que conclúen os trámites internos da institución académica previos a remitir o título á Xunta para a súa verificación.
Isto é posible despois de que o pleno do Consello Social celebrado este xoves no campus de Ourense dea a súa aprobación por unanimidade, no que era o último paso que restaba para poder enviar a proposta, que conta "
con todos os coidados e avais para que sexa aprobada", á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug).
O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, destacou que este grao, que conta xa cos medios humanos e materiais necesarios para arrancar, é un
"título único en Galicia, con pouca competencia en España" e que supón
"unha aposta de vangarda pola que pagou a pena esperar".Así mesmo, o reitor, Salustiano Mato, subliñou que a súa posta en marcha
"suporá un punto de inflexión no campus de Ourense" e xunto á enxeñaría informática, permitirá converter a cidade
"nun polo tecnolóxico" no que a nova escola
"será unha peza fundamental".