#Claves de la semana
TÍTULO ÚNICO EN GALICIA

A UVigo conclúe os trámites do grao de Enxeñaría Aeroespacial, que remitirá á Xunta para a súa verificación

“É un día especial para este campus, para Ourense e para súa contorna”, subliñou Ernesto Pedrosa, presidente do Consello Social da Universidade de Vigo.


|

O pleno do Consello Social da Universidade de Vigo, reunido no campus de Ourense,

A Universidade de Vigo (UVigo) deu luz verde á creación da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo e á implantación do grao de Enxeñaría Aeroespacial, co que conclúen os trámites internos da institución académica previos a remitir o título á Xunta para a súa verificación.


Isto é posible despois de que o pleno do Consello Social celebrado este xoves no campus de Ourense dea a súa aprobación por unanimidade, no que era o último paso que restaba para poder enviar a proposta, que conta "con todos os coidados e avais para que sexa aprobada", á Axencia para a Calidade do Sistema Universitario de Galicia (Acsug).

O presidente do Consello Social da Universidade de Vigo, Ernesto Pedrosa, destacou que este grao, que conta xa cos medios humanos e materiais necesarios para arrancar, é un "título único en Galicia, con pouca competencia en España" e que supón "unha aposta de vangarda pola que pagou a pena esperar".

Así mesmo, o reitor, Salustiano Mato, subliñou que a súa posta en marcha "suporá un punto de inflexión no campus de Ourense" e xunto á enxeñaría informática, permitirá converter a cidade "nun polo tecnolóxico" no que a nova escola "será unha peza fundamental". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE