A Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña denunciou hoxe a negativa dos herdeiros de Francisco Franco a abrir o Pazo de Meirás ao público en agosto e pediu que sexa devolto á sociedade porque foi pagado "con diñeiro público".
A CRMH da Coruña detalla, a través dun comunicado, que os Bens de Interese Cultural, como é este pazo coruñés, deben estar abertos ao público durante, polo menos, catro días ao mes, aínda que
"a familia Franco négase" a facelo en agosto co argumento de que
"está de vacacións".Considera esta asociación que existe
"complicidade" da Xunta de Galicia e "permisividade" nun caso en que
"o pazo foi roubado ao pobo polo ditador e que é o pobo quen debería ter a súa titularidade".Por iso, esixe
"que se restitúa ao patrimonio público" e que
"se a familia Franco quere veranear en Galicia, pague un hotel, como fan todas as persoas decentes".Fontes da Consellería de Cultura da Xunta, explicaron, que non teñen constancia de que a familia de Franco non teña intención de abrir o pazo ao público.
En anos anteriores cumpriu con esta obrigación os catro días de agosto estipulados, aínda que concentrou as visitas a finais de mes porque antes utilízano para o seu uso privado, engadiron as mesmas fontes.