#Claves de la semana
A CORUÑA

Denuncian a negativa a abrir o Pazo de Meirás en agosto e esixen devolvelo

Este bem de interés cultural como é o pazo, debe estar aberto ao público durante, polo menos, catro días ao mes, aínda que "a familia Franco négase" a facelo en agosto porque "está de vacacións"


|

Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica (CRMH) da Coruña denunciou hoxe a negativa dos herdeiros de Francisco Franco a abrir o Pazo de Meirás ao público en agosto e pediu que sexa devolto á sociedade porque foi pagado "con diñeiro público".


A CRMH da Coruña detalla, a través dun comunicado, que os Bens de Interese Cultural, como é este pazo coruñés, deben estar abertos ao público durante, polo menos, catro días ao mes, aínda que "a familia Franco négase" a facelo en agosto co argumento de que "está de vacacións".

Considera esta asociación que existe "complicidade" da Xunta de Galicia e "permisividade" nun caso en que "o pazo foi roubado ao pobo polo ditador e que é o pobo quen debería ter a súa titularidade".

Por iso, esixe "que se restitúa ao patrimonio público" e que "se a familia Franco quere veranear en Galicia, pague un hotel, como fan todas as persoas decentes".

Fontes da Consellería de Cultura da Xunta, explicaron, que non teñen constancia de que a familia de Franco non teña intención de abrir o pazo ao público.

En anos anteriores cumpriu con esta obrigación os catro días de agosto estipulados, aínda que concentrou as visitas a finais de mes porque antes utilízano para o seu uso privado, engadiron as mesmas fontes. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE