Feirantes de Bouzas e Coia irrompen no pleno de Vigo para pedir a reapertura dos mercadillos
miércoles, 9 de diciembre de 2015, 23:17
Un grupo de vendedores ambulantes dos mercados de Bouzas e Coia irrompeu este mércores no pleno do Concello de Vigo con carteis reivindicativos reclamando a reapertura destas feiras.
Os feirantes pediron que se renove esta actividade, logo dun mes e medio sen mercados, por causa dos incidentes provocados entre distintas familias de feirantes de etnia xitana, "hai 180 familias que non teñen para comer" se non poden exercer a súa actividade nestas feiras.