#Claves de la semana

Feirantes de Bouzas e Coia irrompen no pleno de Vigo para pedir a reapertura dos mercadillos

Os vendedores ambulantes esixen que se retome a actividade e recordan que "hai 180 familias que non teñen para comer" se non poden traballar


|

Un grupo de vendedores ambulantes dos mercados de Bouzas e Coia irrompeu este mércores no pleno do Concello de Vigo con carteis reivindicativos reclamando a reapertura destas feiras.


Os feirantes pediron que se renove esta actividade, logo dun mes e medio sen mercados, por causa dos incidentes provocados entre distintas familias de feirantes de etnia xitana, "hai 180 familias que non teñen para comer" se non poden exercer a súa actividade nestas feiras.


Os vendedores mostraron pancartas pedindo que se abran as feiras de Bouzas e Coia, e pediron ao goberno local que siga o exemplo doutros concellos, que permitiron a celebración dos mercados con medidas adicionais de seguridade.

Tras a protesta no salón de plenos, os feirantes continuaron as súas reivindicacións cunha concentración na Praza do Rei, ao berro de "¡Señor Caballero, queremos solución!". 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE