Vueling aumentará a súa actividade no Aeroporto de Alvedro. Para comezar, engade unha nova ruta a Valencia, que operará con dúas conexións semanales. Para continuar, responde á demanda que existía segundo o concello de aumentar as frecuencias con Barcelona: a partir de abril e maio A Coruña terá 17 conexións semanais coa cidade condal.
A compañía é a única que conseguiu renovar o seu convenio co concello de A Coruña. O goberno da Marea Atlántica decidiu prescindir dos convenios con Iberia e Globalia, á que pertence Air Europa. Trátase dunha decisión que segundo o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, supón un aforro de "1,6 millóns". Tamén renegociaron o convenio con Vueling, conseguindo "un aforro de 100.000 euros respecto á cifra que se pagou o ano pasado".
Por outra banda, Lema avanzou que o concello seguirá buscando "novas rutas" ou destinos internacionais. Admite que no aeroporto de Alvedro "faltan compañías de baixo custo que nos permitan atraer a outro perfil turístico", polo que considera necesario avanzar neste ámbito.