Vueling aumenta a súa actividade en Alvedro

A compañía foi a única que conseguiu conservar o seu convenio co concello de A Coruña, sumando unha nova ruta a Valencia e unha nova frecuencia a Barcelona. Pola contra, o concello decidiu suprimir os convenios con Iberia e Air Europa. 




|

Vueling aumentará a súa actividade no Aeroporto de Alvedro. Para comezar, engade unha nova ruta a Valencia, que operará con dúas conexións semanales. Para continuar, responde á demanda que existía segundo o concello de aumentar as frecuencias con Barcelona: a partir de abril e maio A Coruña terá 17 conexións semanais coa cidade condal.


A compañía é a única que conseguiu renovar o seu convenio co concello de A Coruña. O goberno da Marea Atlántica decidiu prescindir dos convenios con Iberia e Globalia, á que pertence Air Europa. Trátase dunha decisión que segundo o concelleiro de Emprego e Economía Social, Alberto Lema, supón un aforro de "1,6 millóns". Tamén renegociaron o convenio con Vueling, conseguindo "un aforro de 100.000 euros respecto á cifra que se pagou o ano pasado". 


Por outra banda, Lema avanzou que o concello seguirá buscando "novas rutas" ou destinos internacionais. Admite que no aeroporto de Alvedro "faltan compañías de baixo custo que nos permitan atraer a outro perfil turístico", polo que considera necesario avanzar neste ámbito. 



relacionada Os aeroportos galegos gañaron máis de 280.000 pasaxeiros en 2015
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE