Teatro do Noroeste estreará esta fin de semana en no teatro Rosaía de Castro de A Coruña a súa representación "Palabras malditas", Trátase dunha obra situada na posguerra na cidade herculina, trasládanos ata unha pensión da zona do Papagaio onde unha prostituta e un profesor mantén unha relación marcada pola inspiración e pola poesía.
Na súa presentación, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou que supón o comezo dun ano "especialmente galego" neste recinto teatral, tralos espectáculos de Manicómicos e Luar na Lubre.
O director do teatro, Paulo Rodríguez, destacou que a obra amosa unha cidade "moi recoñecible polos veciños" e "que ten o valor engadido da memoria histórica.
Trátase da primeira das cinco estreas de compañías galegas que terá lugar este tempada no Teatro Rosalía de Castro, complementarias ao seu ciclo principal.