Teatro do Noroeste estrea "Palabras Malditas" esta fin de semana
Trátase dunha obra situada na posguerra na cidade herculina, trasládanos ata unha pensión da zona do Papagaio onde unha prostituta e un profesor mantén unha relación marcada pola inspiración e pola poesía.

Teatro do Noroeste estreará esta fin de semana en no teatro Rosaía de Castro de A Coruña a súa representación "Palabras malditas", Trátase dunha obra situada na posguerra na cidade herculina, trasládanos ata unha pensión da zona do Papagaio onde unha prostituta e un profesor mantén unha relación marcada pola inspiración e pola poesía.
Na súa presentación, o concelleiro de Culturas, Deporte e Coñecemento, José Manuel Sande, destacou que supón o comezo dun ano "especialmente galego" neste recinto teatral, tralos espectáculos de Manicómicos e Luar na Lubre.
O director do teatro, Paulo Rodríguez, destacou que a obra amosa unha cidade "moi recoñecible polos veciños" e "que ten o valor engadido da memoria histórica.
Trátase da primeira das cinco estreas de compañías galegas que terá lugar este tempada no Teatro Rosalía de Castro, complementarias ao seu ciclo principal.
Escribe tu comentario