Gas Natural Fenosa --cuxo eixo de operacións baséase na distribución de gas natural e no seu uso como enerxía primaria-- fixouse como obxectivo superar este ano os 5.000 millóns de euros de Ebitda e os 1.500 millóns de beneficio neto, malia a caída do prezo do petróleo.


O seu presidente, Salvador Gabarró, resumiu o seu último Plan Estratéxico (2013-2015) e, ademais, anunciou o seu próximo obxectivo para o 2016: "A xeración eléctrica internacional coa incorporación de novos proxectos". Ademais, a compañía avanzará no "negocio de distribución e no crecemento en mercados de GNL", a compravenda de fretes marítimos de gas licuado.


A pesar da crise económica, Gas Natural segue crecendo e sendo líder no sector. No 2015, incrementouse a demanda de electricidade un 1,9% e a de gas o 1,7%.


"É razoable dicir que se a contorna económica continua sendo boa poderiamos agardar un similar ou mellor comportamento da demanda enerxética en 2016, o cal pode significar unha boa noticia tanto para o noso sector como para nosa compañía", dixo Gabarró.


A empresa, que actualmente ten presenza en 30 países dos cinco continentes, reforzará este 2016 a súa permanencia en 190 países europeos, e consolidará así a súa penetración nos oito mercados latinoamericanos nos que mantén contratos de subministración.


Tal e como o presidente da compañía indicou a 'Economía Dixital': "A diversificación xeográfica permítenos manter un razoable equilibrio nos resultados, ao diversificar tamén o risco de situacións sobrevindas que poidan afectar os negocios. Os países nos que está presente Gas Natural Fenosa contan aínda cun alto potencial de desenvolvemento, que é o que os fai máis atractivos desde o punto de vista da nosa actividade para poder crecer".

POWERED BY BIGPRESS