#Claves de la semana

Gas Natural Fenosa proponse superar os 1.500 millóns de beneficio neto este ano

Gas Natural Fenosa --cuxo eixo de operacións baséase na distribución de gas natural e no seu uso como enerxía primaria-- fixouse como obxectivo superar este ano os 5.000 millóns de euros de Ebitda e os 1.500 millóns de beneficio neto, malia a caída do prezo do petróleo


|



Gas Natural Fenosa --cuxo eixo de operacións baséase na distribución de gas natural e no seu uso como enerxía primaria-- fixouse como obxectivo superar este ano os 5.000 millóns de euros de Ebitda e os 1.500 millóns de beneficio neto, malia a caída do prezo do petróleo.


O seu presidente, Salvador Gabarró, resumiu o seu último Plan Estratéxico (2013-2015) e, ademais, anunciou o seu próximo obxectivo para o 2016: "A xeración eléctrica internacional coa incorporación de novos proxectos". Ademais, a compañía avanzará no "negocio de distribución e no crecemento en mercados de GNL", a compravenda de fretes marítimos de gas licuado.


A pesar da crise económica, Gas Natural segue crecendo e sendo líder no sector. No 2015, incrementouse a demanda de electricidade un 1,9% e a de gas o 1,7%.


"É razoable dicir que se a contorna económica continua sendo boa poderiamos agardar un similar ou mellor comportamento da demanda enerxética en 2016, o cal pode significar unha boa noticia tanto para o noso sector como para nosa compañía", dixo Gabarró.


A empresa, que actualmente ten presenza en 30 países dos cinco continentes, reforzará este 2016 a súa permanencia en 190 países europeos, e consolidará así a súa penetración nos oito mercados latinoamericanos nos que mantén contratos de subministración.


Tal e como o presidente da compañía indicou a 'Economía Dixital': "A diversificación xeográfica permítenos manter un razoable equilibrio nos resultados, ao diversificar tamén o risco de situacións sobrevindas que poidan afectar os negocios. Os países nos que está presente Gas Natural Fenosa contan aínda cun alto potencial de desenvolvemento, que é o que os fai máis atractivos desde o punto de vista da nosa actividade para poder crecer".

relacionada Gas Natural Fenosa obtén o recoñecemento do 'Gold Class' de RobecoSAM
relacionada Gas Natural Fenosa iniciará el 15 de enero un ciclo de cine itinerante, que incluirá La Coruña
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE