A renuncia de Carlos Negreira como concelleiro e, sobretodo, o seu anuncio de que non optará á reelección como líder dos populares coruñeses, supoñen o primeiro paso da renovación de equipos comprometida por Alberto Núñez Feijóo para os populares galegos. 


A mediados de marzo, previsiblemente o día 12, celebrarase un congreso provincial na Coruña do que sairá o sucesor de Negreira. Xa comezan a soar nomes como o de Diego Calvo, secretario provincial e delegado da Xunta na Coruña, que compareceu xunto a Carlos Negreira na súa despedida. Varios dirixentes populares consideran que esa sería a sustitución "lóxica", falta por ver se xurde algunha voz crítica con forza para presentar unha candidatura. 


Pero o congreso coruñés non será o único, durante o mes de marzo celebraranse congresos provinciais nas outras tres provincias galegas, nas que polo de agora non ten trascendido ningún cambio relevante. As miradas están postas sobre Rafael Louzán, líder dos populares en Pontevedra, que perdeu o goberno da Deputación despois das últimas municipais. 


Pero a cita máis importante dos populares galegos celebrarase en Abril, cando se celebrará o cónclave do partido a nivel autonómico. Alí debería elexirse ao líder dos populares galegos e previsible candidato á Xunta nas vindeiras autonómicas, 

un posto para o que de momento Alberto Núñez Feijóo non ten aclarado se se presentará. 


RENUNCIA DE NEGREIRA


Carlos Negreira renunciou ao liderazgo dos populares coruñeses e ao seu posto de concelleiro na Coruña por 

"coherencia personal", e `porque considera que "dous mandatos son suficientes".


No Partido Popular varios dirixentes dan por feito que adoptou esta decisión despois de perder a alcaldía nas municipais, pero que permeneceu ata agora porque non era o momento de "dar unha sensación de desbandada". 



POWERED BY BIGPRESS