O compostelán Pazo de Xelmírez, ubicado xunto á Catedral, celebrou este luns a súa primeira xornada de portas abertas.


O palacio episcopal, que debe o seu nome ao primeiro arcebispo compostelán, abrirá as súas portas con dúas visitas guiadas por día, que se celebrarán ás dez da mañá e ás seis da tarde.


Durante esta primeira semana de visitas o acceso a este mostra do románico de carácter civil será totalmente gratuito. Unha ocasión inmellorable para achegarse a coñecer espacios destacados como a Sala de Armas, a Sala Manrique ou o Salón de Ceremonias. 

POWERED BY BIGPRESS