O Pazo de Xelmírez abre as súas portas
Durante esta primeira semana de visitas o acceso a este mostra do románico de carácter civil será totalmente gratuito
O compostelán Pazo de Xelmírez, ubicado xunto á Catedral, celebrou este luns a súa primeira xornada de portas abertas.
O palacio episcopal, que debe o seu nome ao primeiro arcebispo compostelán, abrirá as súas portas con dúas visitas guiadas por día, que se celebrarán ás dez da mañá e ás seis da tarde.
Durante esta primeira semana de visitas o acceso a este mostra do románico de carácter civil será totalmente gratuito. Unha ocasión inmellorable para achegarse a coñecer espacios destacados como a Sala de Armas, a Sala Manrique ou o Salón de Ceremonias.
Escribe tu comentario