O presidente da Xunta prefire non mollarse co caso do presidente da Deputación de Ourense, investigado por un suposto delito de suborno en relación coa muller que o denunciara acusándoo de ofrecer traballo a cambio de sexo. 


Cando lle preguntan a Alberto Núñez Feijóo se mantén o seu apoio para Manuel Baltar, elude pronunciarse directamente. Pero tampouco avanza ningunha acción reprobatoria para Baltar, que recentemente anunciou a súa disposición para seguir liderando aos populares orensáns.


Feijóo remítese á xustiza, recordando que a xuíza que instrúe o caso "decidiu declarar investigados ao denunciado e á denunciante", destacando que ambos "terán que dar as explicacións que correspondan". Tamén incide en que o o fiscal, polo que sabemos "volve a reiterar o sobreseimenteo e arquivo do tema".


Paralelamente, o voceiro do PPdG no Parlamento, Pedro Puy, tamén se referiu ao caso Baltar para manifestar que considera "inxusto" que se minimice a renovación de cargos do seu partido porque o actual presidente provincial de Ourense, Manuel Baltar, pretenda seguir no seu posto. 


POWERED BY BIGPRESS