#Claves de la semana

Feijóo non se molla co caso Baltar

O presidente da Xunta evita respaldar directamente a Manuel Baltar, investigado por un suposto delito de suborno. Pero tampouco avanza ningún paso contra el


|


O presidente da Xunta prefire non mollarse co caso do presidente da Deputación de Ourense, investigado por un suposto delito de suborno en relación coa muller que o denunciara acusándoo de ofrecer traballo a cambio de sexo. 


Cando lle preguntan a Alberto Núñez Feijóo se mantén o seu apoio para Manuel Baltar, elude pronunciarse directamente. Pero tampouco avanza ningunha acción reprobatoria para Baltar, que recentemente anunciou a súa disposición para seguir liderando aos populares orensáns.


Feijóo remítese á xustiza, recordando que a xuíza que instrúe o caso "decidiu declarar investigados ao denunciado e á denunciante", destacando que ambos "terán que dar as explicacións que correspondan". Tamén incide en que o o fiscal, polo que sabemos "volve a reiterar o sobreseimenteo e arquivo do tema".


Paralelamente, o voceiro do PPdG no Parlamento, Pedro Puy, tamén se referiu ao caso Baltar para manifestar que considera "inxusto" que se minimice a renovación de cargos do seu partido porque o actual presidente provincial de Ourense, Manuel Baltar, pretenda seguir no seu posto. 


relacionada PSOE e Democracia Ourensana reclaman a dimisión de Baltar no pleno da Deputación
relacionada Baltar volverá a presentarse ao Congreso do PP de Ourense e non responde sobre a súa citación xudicial
relacionada Citan como investigados a Baltar e á muller que o denunciou por acoso sexual
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE