#Claves de la semana

Citan como investigados a Baltar e á muller que o denunciou por acoso sexual

Manuel Baltar e a muller que o denunciara por acoso sexual están citados como investigados para o vindeiro 10 de marzo para responder por un suposto delito de suborno. BNG, AGE e DO xa pediron a "inmediata dimisión" do presidente da Deputación


|


Manuel Baltar e a muller que o denunciara por acoso sexual están citados como investigados para o vindeiro 10 de marzo para responder por un suposto delito de suborno, nun caso no que a xuíza tampouco descarta un posible tráfico de influencias. 


O Xulgado de Instrucción número de 3 de Ourense deixou sin efecto este xoves a citación da muller que denunciara ao presidente da Deputación de Ourense por acoso sexual, prevista para esta mesma mañá. A xuíza entende que polo de agora non está acreditada unha relación laboral entre ambos no momento en que mantiveron relacións sexuais, polo que non se pode probar a existencia de acoso sexual. 


Porén, a xuíza pensa que sí pode existir un delito de suborno ou de tráfico de influencias, dada a relación persoal de Baltar co presidente da Deputación no momento dos feitos, o seu propio pai. 


Considera a xuíza que esta situación "esixe atender á conduta punible do particular que entrega retribución a autoridade ou funcionario público para realizar un acto contrario aos deberes do cargo, que se concretaría nun nomeamento prescindindo das disposicións legais que o regulan".


A instrutora do caso tamén estima que é preciso atender á actuación dun "particular que inflúe en funcionario público ou autoridade valéndose dunha situación derivada da súa relación persoal con este (artigo 429 do Código penal) para conseguir unha resolución que lle poida xerar un beneficio económico".


A mediados do pasado mes de decembro, o Xulgado de Instrución número 3 de Ourense admitiu a trámite a denuncia da muller, á que citou a declarar, e solicitou á Fiscalía a copia dunhas gravacións achegadas na súa denuncia previa ante o Ministerio Público. A denunciante achegara á causa unha serie de mensaxes telefónicas e gravacións de conversacións con Baltar.


Fronte a esas acusacións, o político do PP limitouse durante estes meses para afirmar que adoptaría unha resposta xudicial e que buscaría "a contundencia da lei". O caso acabou derivando en que os catro membros que integraban o Comité de Ética da Deputación de Ourense presentasen a súa dimisión a finais do mes de novembro e na súa acta argumentaron que Baltar remitiu unha resposta coa que "non admite, pero tampouco nega, a realidade dos feitos".


BNG, AGE E DEMOCRACIA OURENSANA ESIXEN A DIMISIÓN DE BALTAR


Ante á citación de Baltar, o BNG reiterou a súa petición de "cesar" ao presidente da Deputación, advertindo que seguirá pedindo "explicacións" no ente provincial. 


Do mesmo xeito, dende AGE consideran que a decisión da xuíza "fai imprescindible a indmediata dimisión de Baltar", que para eles xa se debería ter producido no mesmo momento de se coñecer a denuncia presentada por unha muller na que acusaba ao actual presidente da Deputación de ofrecer un posto de traballo no ente provincial a cambio de sexo.


Por último, Democracia Ourensana tamén pediu unha "dimisión inmediata" de Baltar, para que Ourense non quede como o "reducto dun caciquismo sui géneris". 


relacionada El Ayuntamiento de Ourense pide la dimisión de Baltar con los votos de la oposición
relacionada La mujer que denunció a Baltar de ofrecerle una plaza fija a cambio de sexo declara ante el fiscal
relacionada Una mujer denuncia que Manuel Baltar le ofreció en 2010 un empleo a cambio de sexo y éste avanza acciones judiciales
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE