Jorge Caldas, tenente de alcalde do PP no concello de Moraña renunciou voluntariamente, despois de chamar "mala zorra" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na rede social facebook. 


Recoñece que foron termos "ofensivos e inadecuados", que non se corresponden coa súa opinión persoal sobre Caremala Silva. Pide disculpas e recoñece que o seu insulto é inxustificable, por iso quiso acompañar as disculpas cun "xesto que evidencia o seu arrepentimento polo erro cometido". 


O BNG e o PSOE esixiron a dimisión de Jorge Caldas. Dende a agrupación local do bloque falan dunha "expresión machista" que tan só pode definirse como "inadmisible,intolerable e vergoñenta". Consideran "especialmente grave" que un representante público recurra a un insulto sexista "dese calado", atentando "non só contra un cargo público polo simple feito de ser muller, senón contra a dignidade de todas as mulleres".


O propio presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, tamén pediu "disculpas" esta mañá como presidente do partido, adiantando que o propio concelleiro debería "disculparse inmediatamente",.

POWERED BY BIGPRESS