#Claves de la semana

Dimite o edil que chamou "mala zorra" a Carmela Silva

Jorge Caldas, tenente de alcalde do PP no concello de Moraña renunciou voluntariamente, despois de chamar "mala zorra" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na rede social facebook.

 


|

Jorgecaldas


Jorge Caldas, tenente de alcalde do PP no concello de Moraña renunciou voluntariamente, despois de chamar "mala zorra" á presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, na rede social facebook. 


Recoñece que foron termos "ofensivos e inadecuados", que non se corresponden coa súa opinión persoal sobre Caremala Silva. Pide disculpas e recoñece que o seu insulto é inxustificable, por iso quiso acompañar as disculpas cun "xesto que evidencia o seu arrepentimento polo erro cometido". 


O BNG e o PSOE esixiron a dimisión de Jorge Caldas. Dende a agrupación local do bloque falan dunha "expresión machista" que tan só pode definirse como "inadmisible,intolerable e vergoñenta". Consideran "especialmente grave" que un representante público recurra a un insulto sexista "dese calado", atentando "non só contra un cargo público polo simple feito de ser muller, senón contra a dignidade de todas as mulleres".


O propio presidente da Xunta e líder do PP galego, Alberto Núñez Feijóo, tamén pediu "disculpas" esta mañá como presidente do partido, adiantando que o propio concelleiro debería "disculparse inmediatamente",.

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE