Case un século despois, a facultade de Medicina de Santiago de Compostela cambiará de novo a súa sede, dende a céntrica Rúa de San Francisco ata un novo edificio no entorno do Hospital Clínico Gil Casares.


A única facultade de Medicina de Galicia, con case catro anos de historia, levaba dende 1928 na súa ubicación actual, nun histórico edificio situado a uns 200 metros do Obradoiro. Naquel momento fóra trasladada dende o Pazo de Fonseca co obxectivo de acercala ao Hospital Clínico de Santiago, nun movemento que a Xunta pretende repetir case 100 anos despois.


O Hospital de Santiago moveuse hai 17 anos, atraendo cara o seu entorno os institutos de investigación médicos. Agora a Xunta licitará a construcción dun novo edificio no entorno do hospital, que integrará as facultades de Medicina e Odontoloxía, e probablemente tamén a de enfermería.


Trala sinatura dun convenio coa Universidade de Santiago, a licitación do proxecto básico de construcción do novo edificio producirase antes de que remate o mes de Marzo. A partir de ahí, comezarán a coñecerse os detalles sobre a ubicación exacta do proxecto. Resulta probable que afecte ao Hospital Gil Casares, polo que sería necesario ampliar o Hospital de Conxo.  

POWERED BY BIGPRESS