#Claves de la semana

A facultade de medicina achegarase ao Hospital

Case un século despois, a facultade de Medicina cambiará de novo a súa sede dende a céntrica Rúa de San Francisco ata un novo edificio no entorno do Hospital Clínico da Cidade, ubicado na zona da Choupana.


|


Case un século despois, a facultade de Medicina de Santiago de Compostela cambiará de novo a súa sede, dende a céntrica Rúa de San Francisco ata un novo edificio no entorno do Hospital Clínico Gil Casares.


A única facultade de Medicina de Galicia, con case catro anos de historia, levaba dende 1928 na súa ubicación actual, nun histórico edificio situado a uns 200 metros do Obradoiro. Naquel momento fóra trasladada dende o Pazo de Fonseca co obxectivo de acercala ao Hospital Clínico de Santiago, nun movemento que a Xunta pretende repetir case 100 anos despois.


O Hospital de Santiago moveuse hai 17 anos, atraendo cara o seu entorno os institutos de investigación médicos. Agora a Xunta licitará a construcción dun novo edificio no entorno do hospital, que integrará as facultades de Medicina e Odontoloxía, e probablemente tamén a de enfermería.


Trala sinatura dun convenio coa Universidade de Santiago, a licitación do proxecto básico de construcción do novo edificio producirase antes de que remate o mes de Marzo. A partir de ahí, comezarán a coñecerse os detalles sobre a ubicación exacta do proxecto. Resulta probable que afecte ao Hospital Gil Casares, polo que sería necesario ampliar o Hospital de Conxo.  

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE