A compañía ViAQUA é a responsable da convocatoria da segunda edición do concurso fotográfico infantil "Galicia, auga e literatura", en colaboración cun coñecido xornal galego.


Neste concurso anímase aos escolares de primaria e secundaria a buscar unha instantánea que faga referencia a personaxes destacados ou momentos importantes das grandes obras da literatura galega nas que se atope presente dalgunha forma a auga.


A idea é involucrar no concurso a toda a comunidade educativa, integrando a pais e profesores, aproveitando para concienciar aos nenos sobre a importancia da auga, fomentando entre os escolares unha conciencia colectiva sobre a necesidade de coidar os recursos naturais, así como a vinculación da auga coa nosa saúde.


Os participantes teñen de prazo ata o 10 de Maio para presentar a sua idea. Os traballos dividiranse en dúas categorías, unha infantil para nenos de entre 6 e 13 anos e outra xuvenil para escolares de entre 13 e 16. Os gañadores serán seleccionados por profesionais de ViAQUA e do xornal organizador, daranse a coñecer durante a segunda quincena de Maio. 


POWERED BY BIGPRESS