#Claves de la semana

Un concurso fotográfico infantil une "Galicia, auga e literatura"

Anímase aos escolares  a buscar unha instantánea na que aparezan personaxes destacados ou momentos importantes das grandes obras da literatura galega nas que se atope presente dalgunha forma a auga.


|




A compañía ViAQUA é a responsable da convocatoria da segunda edición do concurso fotográfico infantil "Galicia, auga e literatura", en colaboración cun coñecido xornal galego.


Neste concurso anímase aos escolares de primaria e secundaria a buscar unha instantánea que faga referencia a personaxes destacados ou momentos importantes das grandes obras da literatura galega nas que se atope presente dalgunha forma a auga.


A idea é involucrar no concurso a toda a comunidade educativa, integrando a pais e profesores, aproveitando para concienciar aos nenos sobre a importancia da auga, fomentando entre os escolares unha conciencia colectiva sobre a necesidade de coidar os recursos naturais, así como a vinculación da auga coa nosa saúde.


Os participantes teñen de prazo ata o 10 de Maio para presentar a sua idea. Os traballos dividiranse en dúas categorías, unha infantil para nenos de entre 6 e 13 anos e outra xuvenil para escolares de entre 13 e 16. Os gañadores serán seleccionados por profesionais de ViAQUA e do xornal organizador, daranse a coñecer durante a segunda quincena de Maio. 


Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE