Concentrados na formación de Goberno en España, é sinxelo esquecer que as autonómicas tamén están á volta da esquina, aínda que finalmente Feijóo cumpla co seu propósito de rematar a lexislatura. Dende logo, dende En Marea non o o olvidan, e este mércores a súa voceira no Congreso aproveitou para mandar unha mensaxe aos socialistas galegos de cara aos comicios autonómicos. 


Alexandra Fernández pediulle aos deputados socialistas de Galicia que se desvincule o seu "non" para Pedro Sánchez do proceso electoral que haberá en Galicia este ano. Asegurou que lamentarían que a "oportunidade perdida" do candidato socialista empañase a posibilidade de orquestar unha alternativa en Galicia para o que Xosé Manuel Beiras denominara como a "brigada de demolición e etnocidio que representa o Goberno de Feijóo".


"Nós lamentarémolo, pero será o noso pobo quen non llo perdoará a vostedes", espetoulles Alexandra Fernández, quen no seu discurso reivindicou a Galicia como "nación", advertindo de que "autogoberno e benestar económica son, en Galicia, dúas caras da mesma moeda que non se poden separar". 


A mensaxe de En Marea foi recibida polo líder dos socialistas galegos, José Ramón Gómez Besteiro, que lle aconsellou non facer "previsións de futuro" e centrarse na formación de Goberno en España. Ademais, defendeu a "actitude" do PSOE con En Marea, que considera "máis positiva que a da propia formación da que forma parte no grupo parlamentario de Madrid". 




POWERED BY BIGPRESS