victoria da liña oficial do BNG na Asamblea Nacional do pasado sábado tenlle costado aos nacionalista a baixa dun dos seus maiores activos históricos, o exvicepresidente da Xunta do bipartito. Anxo Quintana abandona o partido porque xa non comparte "nin na forma nin no fondo" a estratexia política do BNG.


A través dunha carta Quintana fai efectiva a súa renuncia lamentando que a visión crítica da organización "en vez de ser excepción, se convirte en norma", considerando que a militancia do proxecto está motivada únicamente por "sentimentos de amizade e de lembranza de tempos pasados". 


Iso sí, o histórico dirixente do bloque que se dá e baixa "do BNG, que non de nacionalista", amosándose disposto a colaborar no futuro na "construcción nacional de Galicia". 


Non é a primeira baixa destacada no bloque trala Asamblea que elixiu a Ana Pontón como novo líder. Nada máis rematar o cónclave coñeceuse a baixa do exportavoz parlamentario Carlos Aymerich, que probablemente se integrará na coalición de En Marea coa súa organización Abrente co obxectivo de "reforzar o seu polo nacionalista". 



POWERED BY BIGPRESS