Anxo Quintana deixa o BNG
O exvicepresidente da Xunta decidiu baixarse dun proxecto que xa non comparte "nin na forma, nin no fondo"

A victoria da liña oficial do BNG na Asamblea Nacional do pasado sábado tenlle costado aos nacionalista a baixa dun dos seus maiores activos históricos, o exvicepresidente da Xunta do bipartito. Anxo Quintana abandona o partido porque xa non comparte "nin na forma nin no fondo" a estratexia política do BNG.
A través dunha carta Quintana fai efectiva a súa renuncia lamentando que a visión crítica da organización "en vez de ser excepción, se convirte en norma", considerando que a militancia do proxecto está motivada únicamente por "sentimentos de amizade e de lembranza de tempos pasados".
Iso sí, o histórico dirixente do bloque que se dá e baixa "do BNG, que non de nacionalista", amosándose disposto a colaborar no futuro na "construcción nacional de Galicia".
Non é a primeira baixa destacada no bloque trala Asamblea que elixiu a Ana Pontón como novo líder. Nada máis rematar o cónclave coñeceuse a baixa do exportavoz parlamentario Carlos Aymerich, que probablemente se integrará na coalición de En Marea coa súa organización Abrente co obxectivo de "reforzar o seu polo nacionalista".
Escribe tu comentario