O proxecto de investigación mineira 'Isabela II' sigue xerando polémica antes incluso de completar a súa tramitación. Xa se teñen presentado numerosas alegacións por parte de asociacións veciñais, colectivos ecoloxistas e sindicatos gandeiros. E agora a polémica acaba de chegar a Bruselas da man da Alternativa Galega de Esquerda. 


A eurodiputada Lidia Senra acaba de trasladarlle á Comisión Europea a preocupación social que observa ante un proxecto de investigación aurífera centrado no concello de Zas, que tamén afectaría a Vimianzo, Coristanco e Santa Comba. 


A través dun escrito pídenlle a Bruselas que analice se o proxecto é conveniente dende o punto de vista social, ambiental e económico nunha rexión na que o sector agrogandeiro representa un peso importante. 


Elévase por tanto un debate que xa chegara ao parlamento galego, donde o conselleiro de Economía defendeu que se poida "investigar a riqueza que se ten neste país". Francisco Conde sostivo que a existencia dun permiso de investigación non implica necesariamente un permiso de explotación posterior, asegurando que se o proxecto non cumple cos requisitos técnicos e medioambientais a Xunta dirá "non"


POWERED BY BIGPRESS