#Claves de la semana

O debate polo 'novo Corcoesto' chega a Bruselas

A eurodiputada Lidia Senra acaba e trasladarlle á Comisión Europea un escrito no que manifesta a preocupación social existente ante un proxecto de investigación aurífera centrado no concello de Zas


|



O proxecto de investigación mineira 'Isabela II' sigue xerando polémica antes incluso de completar a súa tramitación. Xa se teñen presentado numerosas alegacións por parte de asociacións veciñais, colectivos ecoloxistas e sindicatos gandeiros. E agora a polémica acaba de chegar a Bruselas da man da Alternativa Galega de Esquerda. 


A eurodiputada Lidia Senra acaba de trasladarlle á Comisión Europea a preocupación social que observa ante un proxecto de investigación aurífera centrado no concello de Zas, que tamén afectaría a Vimianzo, Coristanco e Santa Comba. 


A través dun escrito pídenlle a Bruselas que analice se o proxecto é conveniente dende o punto de vista social, ambiental e económico nunha rexión na que o sector agrogandeiro representa un peso importante. 


Elévase por tanto un debate que xa chegara ao parlamento galego, donde o conselleiro de Economía defendeu que se poida "investigar a riqueza que se ten neste país". Francisco Conde sostivo que a existencia dun permiso de investigación non implica necesariamente un permiso de explotación posterior, asegurando que se o proxecto non cumple cos requisitos técnicos e medioambientais a Xunta dirá "non"


relacionada Salvemos Cabana trata de parar a investigación mineira 'Isabela II'
relacionada Denuncian o retorno da "febre do ouro" en Bergantiños
relacionada O SLG únese á loita contra a segunda "febre do ouro"
relacionada A Xunta defende investigar a "riqueza" mineira de Zas
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE