#Claves de la semana

O SLG únese á loita contra a segunda "febre do ouro"

O Sindicato Labrego Galego presenta as súas alegacións para o proxecto de investigación mineira 'Isabela II'


|




Continúa a loita por parar o proxecto de investigación 'Isabela II' antes de que comece, librando da investigación aurífera aos municipios de Zas, Santa Comba, Vimianzo e Coristanco. O Sindicato Labrego Galego acaba de unir as súas alegacións ás formuladas polos ecoloxistas de Salvemos Cabana, protestando formalmente ante un proxecto que "atenta directamente" contra as actividades agrarias e forestais na rexión. 


Para o SLG, a actividade mineira de investigación é incompatible cos usos actuais e potenciais do solo nas áreas afectadas, que destacan "pola súa idoneidade para a agricultura, gandería, apicultura, pesca, caza e explotacións forestais". Neste senso, denuncian que o proxecto podería afectar negativamente a unha zona onde o peso do sector agrogandeiro e forestal é moi importante, dando traballo "a máis de 28.000 persoas".


Falan de ata 1.416 explotacións de vacún rexistradas nos concellos afectados, que se elevarían ata 2.138 se engadimos as áreas afectadas por outros proxectos paralelos. Ademais, recordan que Coristanco está na subzona de Bergantiños da Indicación Xeográfica Protexida Pataca de Galicia pola idoneidade dos seus solos para este cultivo.


Por todos estes motivos, dende o SLG consideran "intolerable" que dende a Xunta de Galicia se lle outorgue prioridade a multitude de proxectos mineiros que "atentan directamente contra actividades económicas ancestrais como a silvicultura, a gandería ou a agricultura, ao provocar danos irreversibles nos solos dos que dependen as profesións vinculadas a eles".


Manifestan a súa preocupación porque as actividades mineiras "entren en colisión con comarcas enteiras que teñen a súa principal fonte de riqueza nos traballos agrarios e gandeiros". Por iso aseguran a oposición frontal do Sindicato Labrego para todos estes proxectos mineiros, un xesto que xa obtivo o apoio da Federación de Asociacións Veciñais de Zas 'Pico de Meda'. 

relacionada Denuncian o retorno da "febre do ouro" en Bergantiños
relacionada Crece la preocupación por un 'nuevo Corcoesto'
relacionada AGE reclama explicacións sobre a investigación mineira en Bergantiños
relacionada Salvemos Cabana trata de parar a investigación mineira 'Isabela II'
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE