O Concello de Sada pediu "solucións" ás distintas administracións para evitar novas inundacións como as que asolagaron o municipio o pasado 30 de marzo. 


O alcalde, Benito Portela, mantivo un encontro con asesores e técnicos da Delegación do Goberno de Galicia, demandando "todas as axudas que dentro do marco lexislativo poidan solicitarse para Sada".



Ademais, o goberno local avanza que o vindeiro xoves manterá unha reunión co director xeral de Augas de Galicia "para incidir na necesidade de executar as obras demandadas", sinala sobre a moción aprobada en pleno para a execución de infraestruturas hidráulicas.



En todas as reunións mantidas con responsables de distintas administracións, o alcalde de Sada trasladou "a necesidade da urxencia na tramitación" de axudas.


POWERED BY BIGPRESS