#Claves de la semana

Sada pide "solucións" para evitar novas inundacións

O alcalde reclama "todas as axudas que dentro do marco lexislativo poidan solicitarse para Sada".


|



O Concello de Sada pediu "solucións" ás distintas administracións para evitar novas inundacións como as que asolagaron o municipio o pasado 30 de marzo. 


O alcalde, Benito Portela, mantivo un encontro con asesores e técnicos da Delegación do Goberno de Galicia, demandando "todas as axudas que dentro do marco lexislativo poidan solicitarse para Sada".



Ademais, o goberno local avanza que o vindeiro xoves manterá unha reunión co director xeral de Augas de Galicia "para incidir na necesidade de executar as obras demandadas", sinala sobre a moción aprobada en pleno para a execución de infraestruturas hidráulicas.



En todas as reunións mantidas con responsables de distintas administracións, o alcalde de Sada trasladou "a necesidade da urxencia na tramitación" de axudas.


relacionada A choiva provoca inundacións e caos na provincia da Coruña
relacionada Sada pedirá a declaración de zona catastrófica polas inundacións
relacionada Sada
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE