Era un segredo a voces, pero ata agora non era oficial. Ana Pontón presentarase ás primarias do BNG para tratar de converterse na candidata do seu partido para a Xunta de Galicia nas vindeiras eleccións autonómicas.


A voceira nacional do bloque anunciou a súa decisión este luns, apenas tres días despois de que un grupo de cargos e militantes se organizara para pedirlle públicamente "un paso adiante".


Nunha roda de prensa na que se rodeou de mulleres, Pontón asegura que toma esta decisión con "ilusión" e "convicción no proxecto da formación". "É un proxecto con futuro e de futuro para o país", asegura.


Como contraposición, fala dun PPdeG liderado por Alberto Núñez Feijóo que é "pasado", que deixa unha herdanza de "máis paro e desigualdade". "Somos a alternativa a esa Galicia sumisa", sostivo. 

POWERED BY BIGPRESS