#Claves de la semana

​Ana Pontón arrinca a súa carreira cara a Xunta

Presentarase ás primarias internas do Bloque, o primeiro paso para converterse en candidata nas vindeiras eleccións


|




Era un segredo a voces, pero ata agora non era oficial. Ana Pontón presentarase ás primarias do BNG para tratar de converterse na candidata do seu partido para a Xunta de Galicia nas vindeiras eleccións autonómicas.


A voceira nacional do bloque anunciou a súa decisión este luns, apenas tres días despois de que un grupo de cargos e militantes se organizara para pedirlle públicamente "un paso adiante".


Nunha roda de prensa na que se rodeou de mulleres, Pontón asegura que toma esta decisión con "ilusión" e "convicción no proxecto da formación". "É un proxecto con futuro e de futuro para o país", asegura.


Como contraposición, fala dun PPdeG liderado por Alberto Núñez Feijóo que é "pasado", que deixa unha herdanza de "máis paro e desigualdade". "Somos a alternativa a esa Galicia sumisa", sostivo. 

Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE