A Consellería de Educación acaba de fixar para este mes de maio as polémicas evaluacións incluidas na LOMCE. Repítese un ano máis a proba de 3º de primaria e ademais estrease a evaluación final de 6º de primaria, que pecha esta etapa educativa.


Unha probas que ten espertado o firme rexeitamento de cando menos gran parte da comunidade educativa. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público leva tempo reclamando que se paralice a implantación da LOMCE en Galicia. Ten convocada unha concentración para este mércores e xa anunciou que tratará de boicotear as probas pedíndolle aos pais que non envíen aos alumnos aos centros, como xa fixeron o ano pasado conseguindo segundo eles que "máis do 50% do alumnado" non realizase a proba de 3º de primaria.


Neste empeño poden contar co apoio das Asociacións de Pais e nais. Tanto Anpas Galegas como Confapa pídenlle aos pais que non acudan ao colexio a realizar as probas.


A pesar de todo, a mensaxe que se transmite dende a Consellería é de tranquilidade. O director xeral de Educación, Manuel Corredoira, asegurou que "non se trata de ningunha reválida" xa que non "condiciona" a evaluación, senón que tan só constitúe un "índice de contraste máis" sobre a evolución dos escolares.

POWERED BY BIGPRESS