​A comunidade educativa rebélase contra as evaluacións da LOMCE

Varias asociacións recomendaranlle aos pais que non envíen aos seus fillos aos centros educativos


|



A Consellería de Educación acaba de fixar para este mes de maio as polémicas evaluacións incluidas na LOMCE. Repítese un ano máis a proba de 3º de primaria e ademais estrease a evaluación final de 6º de primaria, que pecha esta etapa educativa.


Unha probas que ten espertado o firme rexeitamento de cando menos gran parte da comunidade educativa. A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público leva tempo reclamando que se paralice a implantación da LOMCE en Galicia. Ten convocada unha concentración para este mércores e xa anunciou que tratará de boicotear as probas pedíndolle aos pais que non envíen aos alumnos aos centros, como xa fixeron o ano pasado conseguindo segundo eles que "máis do 50% do alumnado" non realizase a proba de 3º de primaria.


Neste empeño poden contar co apoio das Asociacións de Pais e nais. Tanto Anpas Galegas como Confapa pídenlle aos pais que non acudan ao colexio a realizar as probas.


A pesar de todo, a mensaxe que se transmite dende a Consellería é de tranquilidade. O director xeral de Educación, Manuel Corredoira, asegurou que "non se trata de ningunha reválida" xa que non "condiciona" a evaluación, senón que tan só constitúe un "índice de contraste máis" sobre a evolución dos escolares.

relacionada ​Miles de estudantes toman as rúas galegas contra a LOMCE e o 'decreto 3+2'
relacionada El Congreso da el primer paso contra la LOMCE
relacionada ​A Plataforma en Defensa do Ensino aumenta a presión contra a LOMCE
relacionada O ensino galego únese para revertir a "desigualdade e exclusión" da LOMCE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE