#Claves de la semana

​Miles de estudantes toman as rúas galegas contra a LOMCE e o 'decreto 3+2'

Manifestacións por toda Galicia respaldan a xornada de folga convocada a nivel estatal


|



Miles de estudantes galegos respaldaron as manifestacións convocadas por toda Galicia polo Sindicato de Estudantes e polo colectivo Erguer, pedindo a derogación da LOMCE e a supresión do polémico 'decreto 3+2', que aposta por reducir a duración dos grados universitarios para aumentar os másters.


As manifestacións galegas respaldan unha xornada de 48 horas de folga convocada a nivel nacional polo Sindicato de Estudantes, que afecta tanto ás ensinanzas medias como universitarias.


En Galicia a folga veu acompañada de protestas en Vigo, Ourense, Lugo, Ferrol... Pero unha das máis multitudinarias foi a de Santiago, donde unhas 2.000 persoas percorreron as rúas da capital dende a Alameda ata a Praza da Quintana, soportando a choiva insistente que caía sobre elas. Todo para esixir, en palabras de Diego Rodríguez (Sindicato de Estudantes)  a total derogación de normas que supoñen "unha barreira máis para os fillos dos traballadores para acceder á universidade".



Esta mesma idea trasladouna Iria Figueiroa (Erguer), que clamou xunto co resto dos manifestantes contra leis que "liquidan a igualdade de oportunidades no ensino público". Os estudantes reclaman solucións a nivel estatal, pero aseguran que dende Galicia tamén se pode facer moito.


Neste senso, Iván Rodríguez, un dos alumnos que se pecharon recentemente nas facultades santiaguesas de maxisterio e filosofía, recorda que as taxas "dependen da autonomía". "Se quixeran regular os prezos para que os prezos do grao foran semellantes aos do master a problemática sería completamente diferente", afirma antes de asegurar que a protesta deste mércores ten moito que ver cos motivos que os levaron a encerrarse nos centros educativos.


Os representantes dos alumnos galegos ven con escasa ilusión o primeiro paso dado no Congreso para paralizar a Lomce. Dende o Sindicato de Estudantes considerano "totalmente insuficiente" e piden "ir moito máis alá". Do mesmo xeito, dende Erguer esixen a "completa derogación da lei".


SEGUIMENTO DA FOLGA


Como vén sendo habitual nestes casos, as cifras de seguimento da folga varían radicalmente segundo a quén lle preguntemos. Dende o sindicato de estudantes falan dun seguimento masivo, de entre o 80 e o 95%. O Ministerio de Educación, pola contra, fala dun seguimento moi minoritario, "sen apenas incidencia".


En Galicia, o conselleiro de Educación, Román Rodríguez, asegurou que a "sensación" da administración era que había "un seguimento non excesivo", apelando ao consenso para mellorar LOMCE tomando como base o texto actual.


En todo caso, dende o Ministerio amósanse conciliadores. Jorge Sáinz, secretario xeral de Universidades, asegurou que o seu departamento está aberto ao diálogo co obxetivo de acadar "un gran pacto edeucativo".


Neste senso, admiten que "non ven mal" a proposta de equiparar o prezo dos grados e dos másters, evitando o encarecemento dos estudos universitarios que supón o polémico 'decreto 3+2', aínda que recordan que haberá que negociar. 



relacionada O PSdeG tamén pide parar a implantación da LOMCE en Galicia
relacionada ​A Plataforma en Defensa do Ensino agradece o "primeiro chanzo" para rematar co "pesadelo" da LOMCE
relacionada El Congreso da el primer paso contra la LOMCE
relacionada ​A Plataforma en Defensa do Ensino aumenta a presión contra a LOMCE
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE