#Claves de la semana

O PSdeG tamén pide parar a implantación da LOMCE en Galicia

O responsable socialista de educación, Vicente Docasar, ofreceuse a manter unha entrevista co conselleiro de Educación


|



Os socialistas galegos uníronse á reclamación da Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público, reclamándolle este venres á Xunta a  “inmediata paralización do calendario de implantación da Lomce en Galicia”. 


O responsable socialista de educación, Vicente Docasar, ofreceuse a manter unha entrevista co conselleiro de Educación para “explicarlle que non queremos xerar un baleiro legal, queremos substituír unha norma ineficaz por outra mellor e de


consenso”.


Docasar sinala que a aprobación esta semana no Congreso, por iniciativa do PSOE, do comezo da tramitación da paralización da norma, fai necesario que o goberno galego paralice o seu calendario de implantación, que “segue sendo precipitado, caótico, inasumible, trapalleiro e temerario”.


Entre as principais reclamacións dos socialistas está que se pare "de maneira inmediata” a reválida de sexto de primaria prevista para o mes de maio. . Explicou que para evitar o baleiro legal de derrogar a Lei sen substituíla é preciso primeiro paralizala, a continuación acordar un novo texto co conxunto da comunidade educativa e finalmente derrogar a Lomce.



Acusou ao goberno galego de secundar a implantación dunha norma que supuxo que “este país perdera por motivos sectarios e claramente partidarios unha nova oportunidade de dotar de estabilidade ao sistema educativo”. Dixo que “quixeron deixar atada e ben atada unha Lei educativa que ninguén quería, pero esqueceron o pequeno detalle de que había pendentes unhas eleccións xerais”.




relacionada ​A Plataforma en Defensa do Ensino agradece o "primeiro chanzo" para rematar co "pesadelo" da LOMCE
relacionada El Congreso da el primer paso contra la LOMCE
relacionada Derogar a LOMCE sería unha "irresponsabilidade" para a Xunta
Última hora

Sin comentarios

Escribe tu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.
Última hora
Cabeceralomasleido 1
Cabecerarecomendados 1

Galiciapress
Plaza de Quintana, 3 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS LOS DERECHOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidad - Configuración de cookies - Consejo editorial - Publicidad
Powered by Bigpress
CLABE